Heraldo de Vivero
Heraldo de Vivero | |
---|---|
Fundación | 17 de febreiro de 1912 |
Lingua | lingua castelá e lingua galega |
Localidade | Viveiro e Lugo |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Heraldo de Vivero é unha publicación periódica que se edita en Viveiro dende 1912.
Historia e características
[editar | editar a fonte]O seu primeiro número apareceu o 17 de febreiro de 1912 editado polo liberal Benigno López Muñoz. Estaba dirixido por Pedro Pérez Barreiro, que finou en 1912, sucedeuno Esteban Fernández Temprano e despois Antonio Vale, continuou Francisco García ata 1923, cando Benigno López lle traspasou a Ramón Canosa a responsabilidade de dirixir e imprentar o periódico. A finais dos anos vinte foi director Salvador Pérez-Labarta Pillado. Por mor da Guerra Civil española tivo que deixar de publicarse en 1937, volveu saír brevemente de 1963 a 1966. En 1966 unha aplicación estrita da Lei Fraga obrigou a pechar o periódico durante un ano. En 1968 dirixido por Xosé Trapero Pardo volveu á rúa con periodicidade semanal. O seu actual director é Juan Carlos Neira Brochs, fillo de Luis Neira, que foi impresor, redactor e director durante décadas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Heraldo de Vivero". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Heraldo de Vivero". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Mandiá, Diana (28/2/2012), "El semanario local más veterano cumple un siglo" El País (en castelán).
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Heraldo de Vivero cumple un siglo de vida número especial do periódico do 17 de febreiro de 2012.